Benvidos a 99languages
Levamos as túas palabras máis lonxe , Taking your words further, Wir bringen Ihre Worte weiter, Llevamos tus palabras más lejos, Portem les teves paraules més lluny, 我们带您的话语进一步, Levamos as suas palavras mais longe, Mir bringed dini Wort wiiter, Portiamo le tue parole più lontano, Z nami Twoje słowa idą w świat, несём ваши слова дальше, несемо ваші слова далі, Nous emportons vos mots plus loin, Vezmeme vaše slová ďalej
En que podemos axudarte?
EN · DE · ES · GL

Servizos

Son Cristian Marcote, tradutor e revisor autónomo. Traduzo e localizo desde o inglés, alemán, español e galego cara ao español e galego. Tamén reviso textos e transcribo nestes dous últimos idiomas.

Tradución e localización

Tradución e localización de textos en distintos eidos de especialización empregando ferramentas profesionais, o que permite acadar estándares elevados de consistencia e calidade.

Ampla experiencia en tradución de todo tipo de textos, especialmente técnicos: ferramentas, automoción, maquinaria, tecnoloxía da automatización e electrónica, turismo, enxeñería mecánica, informática (IT), telecomunicacións, software, tecnoloxía de empaquetado, electrodomésticos, industria do papel e da impresión, equipamento médico, localización de páxinas web e software, e máis.

Xéneros textuais: manuais de instrucións, catálogos, especificacións, documentación do produto e de mantemento, materiais formativos, folletos, publicidade, interfaces de software, aplicacións (apps), páxinas web.

Revisión

A revisión e a corrección de estilo e ortotipografía garanten que a escritura dos teus textos finais sexa impoluta. Ademais, a LSO (linguistic sign-off) resulta útil para corrixir posibles problemas que xurdan tras a maquetaxe.

Un texto con incorreccións ou faltas pode prexudicar a túa imaxe. Co proceso de revisión garántese que non quedan erros nos teus documentos para que estes comuniquen o que queres de xeito preciso.

Transcrición de son e vídeo

Se tes unha gravación de son ou un vídeo e queres dispoñer do texto para almacenalo ou traducilo a outros idiomas, este é o teu servizo. Adaptado ás túas necesidades e coa posibilidade tanto de realizar transcricións literais como naturais.

Xéneros de son e audiovisuais: entrevistas, discursos, diálogos, formación, presentacións, conferencias, publicidade.

Ponte en contacto connosco se precisas outras combinacións de idiomas. Estaremos encantados de axudarte a atopar o profesional que mellor se adecúe ás túas necesidades.

+ 100 000

palabras DE/EN>ES

Software SAP

+ 150 000

palabras DE/EN>ES

Automoción

+ 15 000

palabras EN>ES

Equipamento médico

+ 20 000

palabras EN>ES

Consultoría de protección de datos

+ 35 000

palabras DE/EN>ES

Ferramentas: eléctricas e outras

+ 700

Proxectos completados satisfactoriamente

Equipo

Son un profesional comprometido coa calidade e o cumprimento dos prazos acordados. Quero, por enriba de todo, satisfacer as expectativas do cliente.

Cristian Marcote

Cristian Marcote

Tradutor e revisor autónomo ❖ Creador de 99languages

Son un tradutor con ampla experiencia en textos técnicos. Encántame traballar en equipo e presto especial atención ao detalle en todo o que fago. Traballo con documentación en inglés e alemán, que traduzo ás miñas linguas maternas, o español e o galego. Visita os meus perfís profesionais en LinkedIn e ProZ para obter máis referencias.

Queres saber máis sobre 99languages? Non dubides en poñerte en contacto connosco se tes algunha dúbida ou se queres solicitar un orzamento sen compromiso.

Contacto

Para calquera pregunta ou se precisas orzamento, non dubides en poñerte en contacto connosco por teléfono, correo electrónico ou escribíndonos mediante o formulario seguinte. Responderémoste o antes posible.

 
 
 
 
 

Ten en conta que, para elaborar o orzamento, é preciso que indiques en que servizos estás interesado, os idiomas de orixe e de destino, e que envíes os ficheiros correspondentes. Grazas!