Son Cristian Marcote, tradutor, revisor e creador de 99languages. Traslado a túa documentación técnica e mais económica do inglés e alemán ao español e galego.
A tradución posibilita o diálogo, fomenta o comercio internacional e permite chegar ao corazón das persoas. Se cada mercado é un mundo, cada cultura é un universo paralelo co seu idioma particular.
99languages é a miña maneira de tender pontes, andar camiño e axudar ás empresas e profesionais a atinxir os seus obxectivos.
Sen tradución non hai emoción.
Traducimos textos en distintos eidos de especialización empregando ferramentas de tradución profesionais; isto permítenos acadar estándares elevados de consistencia e calidade. Temos ampla experiencia na tradución de todo tipo de documentos. Estamos especializados na tradución técnica, económica e financeira.
Textos técnicos: ferramentas, automoción, maquinaria, tecnoloxía da automatización e electrónica, turismo, enxeñería mecánica, informática (IT), telecomunicacións, software, tecnoloxía de empaquetado, electrodomésticos, industria do papel e da impresión, equipamento médico, localización de páxinas web e software etc.
Xéneros textuais: manuais de instrucións, catálogos, especificacións, documentación do produto e de mantemento, materiais formativos, folletos, publicidade, interfaces de software, aplicacións (apps), páxinas web.
Textos económicos: relacións comerciais entre empresas, comercio internacional, fiscalidade etc.
Xéneros textuais: contratos mercantís, documentos de transporte e outros.
Textos financeiros: economía da empresa, información empresarial, contabilidade, operacións comerciais, mercados financeiros, financiamento da empresa e banca, entre outros.
Xéneros textuais: estados financeiros, préstamos, mercados de capitais, produtos bancarios, actas de titularidade real etc.
Un texto con incorreccións ou faltas prexudica a túa imaxe.
O proceso de revisión garante que os teus documentos quedan ben redactados e comunican de xeito eficaz e preciso.
A revisión profunda do contido e a corrección de estilo e ortotipografía garanten que a escrita dos teus textos finais sexa impoluta.
Ofrecemos a linguistic sign-off ou LSO. Unha revisión da visualización final dos textos, previa á súa publicación, para corrixir posibles problemas que xurdan tras a maquetación.
Precisas outras combinacións de linguas?
Escríbenos. Axudámoste!
+ 155 000
palabras DE/EN>ES
Software SAP
+ 300 000
palabras DE/EN>ES
Automoción
+ 20 000
palabras EN>ES
Equipamento médico
+ 25 000
palabras EN>ES
Consultoría de protección de datos
+ 98 000
palabras DE/EN>ES
Ferramentas: eléctricas e outras
+ 1500
Proxectos completados satisfactoriamente
99languages conta cun equipo de tradutores profesionais en distintas especialidades.
A nosa actividade consiste na tradución e a revisión de documentos seguindo un procedemento que nos permite adaptarnos a distintos tipos de textos e garantir a calidade do servizo prestado.
A capacidade de manter a coherencia lingüística en diferentes documentos empresariais é unha das nosas fortalezas. Consideramos esencial que todos os textos reflictan a identidade da marca, con independencia do contido traducido.
Rompemos as barreiras da lingua. Falamos?